É un festival autoxestionado polas persoas que compoñen a comisión organizadora e contamos coa colaboración do Concello de Gomesende.
Temos a idea de realizar dúas xornadas festivas o 2 e 3 de outubro na que poidan participar xente da contorna, doutras partes de Ourense e doutras provincias.
O programa consta de grupos de música rock e folc galegos e de artistas circenses ao abeiro do chamado “novo circo galego”. O festival é totalmente de balde, tanto os concertos como a acampada, con prezos populares para o xantar e as consumicións.
Coa realización deste festival tamén procuramos dar a coñecer e dinamizar unha zona da provincia que non é das máis visitadas apesares da súa beleza e recursos.
Así que agardámosvos a tod@s no Val para un fin de semana de música, baile, circo e... festa rachada.